[H]ipócrates

Maio 1, 2008 | Filed Under Life, Science 

Hipócrates 

Hipócrates de Cos (S. V a.C - S. IV adC), é citado tradicionalmente coma o pai da medicina moderna occidental.

A medicina hipocrática

Describe o corpo humano como unha asociación de catro humores: flema (auga), bilis amarela (fogo), bilis negra (terra), e sangue (aire). A enfermidade desenvólvese por unha pérdida do equilibrio destes humores.
Mantense a saúde a través da dieta e a hixiene. Estas ideas persisten durante a Idade Media e o Renacemento.

Por outra parte, un dos mais importantes fitos establecidos pola medicina hipocrática foi a división das labores dos médicos. Antes disto as funcións do médico eran sanar ou matar.

Xuramento hipocrático.

O traballo máis famoso da recopilación hipocrática é o Xuramento hipocrático, unha declaración de carácter ético profesional, cuxa enunciación ao principio da carreira do médico empezou a extenderse desde o S. XIX.

“XURO por Apolo, médico, por Asclepio, e por Hixía y Panacea, e por todos os deuses e deusas do Olimpo, tomándoos por testemuñas, cumplir este xuramento segundo a miña capacidade e a miña conciencia:

TEREI ao que me ensinou esta arte na mesma estimación que aos meus pais, compartirei os meus bens con el y, se o necesitase, axudareille cos meus bens. Considerarei aos fillos coma se fosen os meus irmaos e, se desexan aprender a arte médica, ensinareillo sen esixirlles nada en pago. Aos meus fillos, aos fillos do meu mestre e aos que se obligaran co xuramento que manda a lei da Medicina, e a ninguén mais, ensinareille os preceptos, leccións e a práctica.

APLICAREI os meus tratamentos para beneficio dos enfermos, segundo a miña capacidade e bo xuicio, e abstereime de facer dano ou inxustiza. A ninguén, aínda pedíndomo, darei veleno nen a ninguén suxerirei que o tome. Do mesmo modo, nunca proporcionarei a muller algunha un pesario abortivo.

VIVIREI e exercerei sempre a miña arte en pureza e santidade. Non practicarei a ciruxía nos que sufren de cálculos, deixarei esa operación aos que se adican a ela. Sempre que entre nunha casa, fareino para ben do enfermo. Abstereime de toda mala acción ou inxustiza e, en particular, de ter relacións eróticas con mulleres ou con homes, xa sexan libres ou escravos.

GUARDAREI silencio sobre o que, na miña consulta ou fóra dela, vexa ou escoite, que se refiera á vida dos homes e que non deba ser divulgado. Manterei en segredo todo o que puidera ser vergoñento se o soubese a xente.

SE FOSE FIEL a este xuramento e non o violase, que se me conceda gozar da vida e da miña arte, e ser honrado para sempre entre os homes. Se o quebrantase e xurase en falso, que me suceda o contrario.”

Comments

Leave a Reply